sábado, 30 de mayo de 2009

Os alumnos do Máster de Creación de Empresas da Universidade de Vigo coñecen a experiencia dos emprendedores de Tecnópole

Os alumnos do Máster Oficial en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo trasladáronse a Tecnópole para coñecer de cerca a actividade do Parque Tecnolóxico de Galicia e dos emprendedores que están a desenvolver o seu negocio no seu Centro de Empresas e Innovación (CEI).

Unha parte da xornada consistiu nunha mesa redonda na que os alumnos puideron escoitar de primeira man a experiencia de catro dos emprendedores que desenvolven a súa actividade en Tecnópole: Miguel Castro, de Enyiris; Óscar Outumuro, de Sonen; José Antonio Losas, de Conexiona Telecom; e Sonia Pérez, de Raisin D'Or.

Toda a noticia aquí e na prensa
Publicar entrada

No hay comentarios:

Publicar un comentario